Colton Ford
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de outubro de 1962 Pasadena, Estados Unidos de América |
| Morte | 19 de maio de 2025 Palm Springs, Estados Unidos de América |
| Altura | 183 cm |
| Peso | 92 kg |
| Actividade | |
| Ocupación | actor pornográfico, actor de cinema, modelo, actor, cantante, artista discográfico |
| Período | Século XX |
| Xénero artístico | House |
| Instrumento | Voz |
| Sitio web | coltonfordmusic.com |
Glenn Soukesian, coñecido como Colton Ford, nado en Pasadena (California) o 12 de outubro de 1962 e finado en Palm Springs o 19 de maio de 2025,[1] foi un actor pornográfico gay, actor e cantante estadounidense que residía en Nova York.[2]
Carreira
[editar | editar a fonte]Carreira pornográfica
[editar | editar a fonte]Colton Ford aparece nunha ducia de filmes pornográficos. As actuacións máis destacabeis son Conquered que o levou a un nomeamento nos Grabby Awards de 2002 na categoría "Mellor Escena de Sexo en grupo", Gang Bang Café cun nomeamento dos GayVN Awards de 2003 como "Mellor actor" e o seu papel protagonista en Colton que o levou a ser nomeado e gañador do "Actor gai do ano" nos GayVN Awards.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Ford lanzou a súa carreira musical de estilo electrónico co sinxelo «Everything» e o cover de Stevie Wonder «Signed, sealed, delivered i'm yours». Ademais de compor e escribir as súas propias pezas musicais, colaborou co cantante Pepper Mashey. A canción acadou o posto 9 na lista Hot Dance Club Play e o posto 25 no Hot Dance Singles Sales.
Lanzou o seu primeiro álbum, Tug of War, dixitalmente no 2008, e formou parte do True Colors Tour 2008. O seu segundo álbum, Under the Covers lanzouse no 2009.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Pornográfica
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Rol | Premios |
|---|---|---|---|
| 2001 | Conquered | Gladiator | 2002 Grabby Awards "Best Group Sex Scene" |
| PornStruck 2 | |||
| 2002 | Aftershock: Part 1 | MSR's hottest | |
| Aftershock: Part 2 | MSR's hottest | ||
| Bearing Leather | |||
| Bringing Out Brother | |||
| Head Games | Jocker | ||
| Gang Bang Café | (Nomeado) 2003 GayVN Awards "Best Performers" | ||
| Colton | Colton | 2003 GayVN Awards "Gay Performer of the Year" | |
| Closed Set: The New Crew | The key grip | ||
| Prowl 3: Genuine Leather | Nastiest leather | ||
| 2003 | Still Untamed | Untamer |
Non-pornográfico
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Rol | Tipo |
|---|---|---|---|
| 2000 | The Next Best Thing | Glen | Filme |
| 2001 | Circuit | Video Circuit Man | Filme |
| 2004 | Naked Fame | El mesmo | Documental |
| Hellbent | Nickname Band Member | Filme | |
| 2008 | Another Gay Sequel: Gays Gone Wild! | Butch Hunk | Filme |
| "Into the Nightlife" | Bailarín no club | Video musical | |
| 2007–2009 | The Lair | Sheriff Trout | Serie de televisión |
Discografía
[editar | editar a fonte]| Título | Detalles do álbum |
|---|---|
| Tug of War |
|
| Under the Covers |
|
| The Way I Am |
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sim, Bernardo (20 de maio de 2025). "Colton Ford, legendary gay adult film star, dies at 62". Out (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2025. Consultado o 2025-05-20.
- ↑ here! (ed.). "here! with Josh and Sara #101". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2015.