Colonias do Estreito
| Straits Settlements (en) Negeri-negeri Selat, نݢري٢ سلت (ms) 叻嶼呷/海峽殖民地 (zh) | ||||
| Himno | God Save the King | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Capital | Singapur | |||
| Poboación | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Datos históricos | ||||
| Precedido por | ||||
| Creación | 1826 | |||
| Disolución | 1946 | |||
| Sucedido por | ocupação Japonesa de Singapura (pt) | |||
| Organización política | ||||
| Forma de goberno | Compañía Británica das Indias Orientais | |||
| Moeda | Straits dollar (en) | |||
As Colonias do Estreito (en inglés: Straits Settlements, en malaio: Negeri-negeri Selat, en chinés: 海峡殖民地, Hǎixiá zhímíndì), foron un grupo de territorios británicos localizados no sueste asiático, orixinalmente estabelecidos no ano 1826 como parte dos territorios controlados pola Compañía Británica das Indias Orientais, aínda que a partir do 1 de abril de 1867 quedaron baixo control directo británico.
Consistían nuns asentamentos individuais en Malaca, Penang, Dinding e Singapur, todos eles localizados na península Malaia, e dende 1907 tamén Labuan, localizado ao norte da illa de Borneo.[1] Foron disoltas o 1 de abril de 1946 debido á reorganización británica das súas dependencias no sueste asiático despois da segunda guerra mundial. Coa excepción de Singapur, estes territorios actualmente forman parte de Malaisia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopedia Británica. "Straits Settlements" (en inglés). Consultado o 24-1-2011.
