Colisión de 1983 en Barajas
Colisión de 1983 en Barajas | |
---|---|
Un 727 semellante ao do accidente.
| |
Resumo | |
Data | 7 de decembro de 1983 |
Causa | colisión en terra |
Lugar | Aeroporto de Madrid-Barajas |
Coordenadas | |
Finados | 93 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 727 e McDonnell Douglas DC-9 |
Operador | Iberia e Aviaco |
Rexistro | EC-CFJ e EC-CGS |
Pasaxeiros | 84 + 37 |
Tripulación | 9 + 5 |
Superviventes | 42 |
A colisión de 1983 en Barajas foi un accidente ocorrido o día 7 de decembro de 1983 cando dous avión chocaron en terra no Aeroporto de Madrid-Barajas. O choque produciuse cando un Boeing 727 de Iberia impactou contra un McDonnell Douglas DC-9 de Aviaco, causando a morte de 93 pasaxeiros e tripulantes.
O accidente
[editar | editar a fonte]O 7 de decembro de 1983 un Boeing 727 de Iberia, con rexistro EC-CFJ, que operaba o voo 350 con destino ao Aeroporto de Roma-Fiumicino, estaba autorizado para engalar na pista 01 do Aeroporto de Madrid-Barajas en condicións de brétema espesa.[1][2] Ao mesmo tempo, un DC-9 de Aviaco, co rexistro EC-CGS que operaba o voo 134, estaba rodando ao final da mesma pista para engalar con destino ao aeroporto de Santander. Cando o Boeing 727 aceleraba para engalar, a tripulación do DC-9 realizou un xiro equivocado no medio da brétema levando ao avión á pista, acabando no medio do camiño do 727. A tripulación do 727 viu ao DC-9 e intentou evitar a colisión rotando o seu avión para engalar, pero o aparello aínda non acadara a velocidade suficiente e a parte de atrás da fuselaxe chocou co DC-9.[2][3] Ámbolos dous avións incendiáronse e quedaron destruídos; as 42 persoas a bordo do DC-9 morreron, mentres que no 727 foron 51 (50 pasaxeiros e 1 tripulante) das 93 persoas a bordo as que faleceron.[1][4] Entre as vítimas do DC-9 estaba a actriz mexicana Fanny Cano e entre as do 727 o pianista surafricano Marc Raubenheimer.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente - 727". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Flight International (ed.). "Madrid Cleared?". Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente - DC-9". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ Calgary Herald (ed.). "Madrid airport crash death toll set at 92". Consultado o 29 de xaneiro de 2017.