Colectivo Sacou
Colectivo Sacou | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Colectivo Sacou, foi un grupo literario creado en Noia-Outes no ano 1998, por rapaces e rapazas novos interesados na propia literatura, a pintura ou o teatro, e comprometidos coa causa da defensa da cultura galega[1].
Historia
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]"Sacou" naceu como resultado de recoller os restos de dous grupos literarios anteriores[Cómpre referencia]; por un lado o "Grupo Avilés" e por outro a "Tertulia Adamajuana", xunto coa incorporación doutros membros a nivel individual. A primeira xuntanza tivo lugar na "Tasca Típica", local de Antón Avilés de Taramancos.
O nome do grupo O nome do colectivo decidiuse despois de que empregar o mesmo sistema que se empregou para o "dadaísmo". Cun libro de Manolo Rivas procedeuse a escoller unha páxina ao chou e chantouselle ás cegas un escarvadentes, aparecendo, como seleccionado, o pasado do verbo "sacar"[Cómpre referencia].
Actividades
[editar | editar a fonte]O voceiro de Sacou, "A Caramuxa", foi distribuída por todo o país[Cómpre referencia]. O grupo fixo recitais, conferencias etc[Cómpre referencia]. Entre os seus membros estiveron Iria Lago, Ramón Blanco Fernández, Manuel López Rodríguez, Anxo Otero, Serxio Figueira, Manolo do Río, Ricardo de Barreiro, Oscar Sendón, Xoán Fernández ou Nacho Suárez.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (2004). Diccionario da literatura galega. Termos e institucións literarias IV. Vigo: Editorial Galaxia. p. 367. ISBN 84-8288-656-8.