Cocido montañés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cocido montañés.

O cocido montañés é un prato gastronómico típico de Cantabria que, a diferenza doutros tipos de cocidos típicos de España como o madrileño, o maragato ou o lebaniego, non leva garavanzos como elemento principal. É un guiso de interior que ten como compoñentes esenciais a faba e a verza, ademais do compango composto de chourizo, costela, morcilla e touciño procedentes do matacíu del chon.[1]

É un prato forte, con grande achega calórica, polo que normalmente consómese como prato único, ou degustando a verdura primeiro e a carne despois.

O nome de montañés provén de La Montaña, un dos nomes que recibiu historicamente o territorio da actual comunidade autónoma de Cantabria.

Cada primeiro domingo de setembro celébrase unha festa do cocido montañés en Ucieda, no concello de Ruente.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antonio Bartolomé Suárez (1993). Aforismos, giros y decires en el habla montañesa. (1ª ed.). Universidad de Cantabria. ISBN 84-8102-018-4. 
  2. Concello de Ruente. "Fiestas y ferias". Consultado o 15 de novembro de 2015.