Cneo Bebio Tánfilo
Cneo Bebio Tánfilo | |
---|---|
Nacemento | c. 231 a. C. |
Lugar de nacemento | Roma Antiga |
Falecemento | século II a. C. |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | Ancient Roman politician e Ancient Roman military personnel |
Pai | Quintus Baebius Tamphilus |
Nai | valor descoñecido |
Irmáns | Marco Bébio Tanfilo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cneo ou Gneo Bebio Tánfilo (en latín, Cn. Baebius Q. f. Cn. n. Tamphilus)[1] foi un político e militar da Antiga Roma. Pertencía á gens Bebia e era fillo de Quinto Bebio Tánfilo. foi o primeiro membro da gens en se chegar a cónsul no 182 a. C.;[2] seu irmán Marco Bebio Tánfilo, tamén o foi no ano seguinte.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carreira política[editar | editar a fonte]
Foi tribuno da plebe no ano 204 a.C. cando someteu a xuízo político aos censores saíntes Marco Livio Salinátor e Caio Claudio Nerón polo xeito irregular en que cumpriran os deberes do seu cargo; o Senado, a pesar de que non estaba contento cos acusados, obrigouno a retirar a acusación polo principio de non responsabilidade dos censores.[3][4]
No 200 a. C., actuou como edil plebeo[5] e no 199 a.C. foi pretor. Recibiu o mando das lexións do cónsul do ano anterior, Caio Aurelio Cota, estacionadas nas proximidades de Ariminium, con instrucións de esperar a chegada do novo cónsul Lucio Cornelio Léntulo; pero Tánfilo, ansioso por obter gloria, fixo unha incursión no país dos ínsubros e foi derrotado con grandes perdas. Cando chegou Léntulo pouco despois, ordenóuselle saír da provincia e foi enviado a Roma en desgraza.[6][7]
No 186 a.C. foi un dos triunviros designados (coloniis deducendis) para fundar as colonias de Sipontum e Buxentum[8][9] e no ano 182 a.C. chegou ao cume do seu cursus honorum cando foi cónsul con Lucio Emilio Paulo[10] e, xuntos, loitaron contra os ligures con éxito.
A derradeira noticia sobre el foi no ano seguinte cando é mencionado como procónsul na provincia de Liguria.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Klebs, E. (1896). «Baebius (41)
- ↑ Smith 1867, p. 452
- ↑ Lívio, de Ab Urbe Condita XXIX 37
- ↑ Valerio Máximo, Factorum et Dictorum Memorabilium, Libro VII, 2.6
- ↑ Livio, Ab Urbe Condita XXXI, 50, 3
- ↑ Lívio, Ab Urbe Condita XXXI 49, 50
- ↑ Lívio, Ab Urbe Condita XXXII 1, 7
- ↑ Lívio, Ab Urbe Condita XXXIX 23, 56
- ↑ Broughton, 1951, p. 372
- ↑ Broughton 1952, p. 381
- ↑ Livio, Ab Urbe Condita XL, 19, 8; XL, 25, 7 e XL, 26, 1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Broughton, T. Robert S. (1952). The Magistrates of the Roman Republic (en inglés). Nova York: American Philological Association.
- Klebs, Elmar (1896). "Baebius (41)". Paulys Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft, vol. II, 2 (en alemán). Stuttgart.
- Smith, William, Sir, ed. (1867). A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Co.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Marco Claudio Marcelo e Quinto Fabio Labeón |
![]() Cónsul da República Romana xunto con Lucio Emilio Paulo Macedónico 182 a.C. |
Sucesor: Publio Cornelio Cetego e Marco Bebio Tánfilo |