Club de Remo Náutico de Riveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


C.R.N.Riveira
CidadeRibeira
Fundado2013
PresidenteSuso Silva
AdestradorSuso Silva
CompeticiónLiga LGT-B
Embarcación e cores
EmbarcaciónSálvora e Mar de Sagres"
Sitio web
Sitio web oficial
Local social.

O Clube de Remo Náutico de Riveira é un club de remo galego con sede en Aguiño (Ribeira). Fundouse o 14 de xuño do 2013 e a súa traiñeira feminina recibe o nome de Sálvora e a masculina Mar de Sagres.

Ata o ano 2022 competían na Liga Galega de Traiñeiras coa traiñeira feminina exclusivamente. No ano 2023 a traiñeira feminina non se inscribiu na LGT, pero si o fixo unha tripulación masculina na liga LGT-B a bordo da traiñeira Mar de Sagres.

Historia[editar | editar a fonte]

Fúndase o 14 de xuño de 2013 coas escolas de verán no Club Náutico de Riveira,[1] mais terá que esperar uns meses para iniciarse no mundo das competicións. Ó comezo non dispoñía de equipamento, pero o Concello de Ribeira os apoiou coa cesión de dous bateis. O segundo ano, o Club Náutico de Riveira decide que non poden seguir ocupando o local da escola de vela e múdanse a un baixo próximo á praia de Coroso.

Empezaron cobrando cota ás remeiras e remeiros para poder subsistir e mercar o material necesario para competir, arriscándose desta maneira á posible fuga de remeiros, mais non foi o caso e a gran maioría permaneceu no club. O terceiro ano traería as primeiras vitorias ó club. Destacan o Campionato Galego de Remoergómetro, a primeira Bandeira absoluta feminina no Campionato galego de bateis e o Subcampionato de España de bateis. O Subcampionato Galego feminino de trainerillas e o Subcampionato de España feminino de trainerillas.

No ano 2017 vese de novo na obriga de mudar a sede do club para o porto de Aguiño nun local cedido pola Confraría de pescadores. Ese ano tamén logran varias vitorias do equipo feminino. Campionato galego de bateis, Subcampionato Galego de trainerillas, Subcampionato de España de bateis e tamén o de trainerillas.

Nesa tempada 2017 o club fai a súa aparición na liga LGT-F de traiñeiras, participando conxuntamente co club Mecos do Grove, acadando o primeiro posto na liga dese ano, quedando campioas galegas e logrando unha terceira praza na súa primeira participación na Bandeira da Kontxa.

No ano 2018 o Club de Remo Náutico de Riveira, consolidouse como referente no remo feminino, quedando campioas galegas nas tres disciplinas, bateis, trainerillas e traiñeiras e subcampioas de España en bateis e trainerillas. Ese mesmo ano gañan todas as regatas da liga LGT-F facéndose co título de liga. Tamén participa nese mesmo ano por segunda vez na Bandeira da Kontxa (pero agora sen fusión de clubs), obtendo a terceira praza na final.

No 2019 gañan o Campionato de España de bateis e conseguen o Subcampionato de España e o galego en trainerillas. Nese ano 2019, por mor dunhas normas de última hora da LGT, sobre os requisitos de cota de canteiráns e remeiras propias, debido ó curto tempo de creación do club non se poden cumprir e imposibilita a inscrición na liga dese ano.

O club segue adestrando e logra o Subcampionato galego e o de España, o Subcampionato da Deputación da Coruña e a Bandeira Teresa Herrera. E consegue clasificarse para a final da Bandeira da Kontxa, conseguindo a 7ª posición final. Neste ano 2019 o Club chega a un acordo co Concello de Ribeira para a construción dun novo local como sede do club no porto de Aguiño.[2]

Para a tempada 2023, a traiñeira feminina non se inscribe na liga LGT-F, pero si se inscribe a traiñeira masculina na liga LGT-B.

No ano 2023 o Club de Remo Náutico de Riveira segue á espera do prometido local propio no Porto de Aguiño despois de que a Confraría de Pescadores anunciase o desaloxo do actual local por problemas de inseguridade [3]

A mediados do 2023, catro anos despois do acordo co Concello de Ribeira, o Club recibe malas novas sobre a construción da nova sede ó quedar deserta a adxudicación.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

- 1 Liga galega de traiñeiras feminina: 2018

Posto por tempada en liga LGT - Equipo feminino[editar | editar a fonte]

Tempada Posto LGT-F Puntos
2022 35
2021 38
2020 Non compite
2019 Non compite
2018 40

Posto por tempada en liga LGT - Equipo masculino[editar | editar a fonte]

Tempada Posto LGT-B Puntos
2023 23

[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Nosa Historia". Clube de Remo Náutico de Riveira. Consultado o 27/07/2023. 
  2. "Nova sede Clube de Remo Náutico de Riveira". 31/05/2019. Consultado o 27/07/2023. 
  3. "Desaloxo do Clube de Remo Náutico de Riveira do local de Aguiño". 11/03/2023. Consultado o 27/07/2023. 
  4. "O Centro de Deportes Náuticos de Aguiño sufre outra demora". 12/06/2023. Consultado o 27/07/2023. 
  5. "Resultados da LIGA LGT". Web oficial da Liga LGT. Consultado o 25/08/23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

(1) https://www.diariodearousa.com/articulo/o-barbanza/cofradia-aguino-acuerda-desalojo-club-remo-nautico-ribeira-nave-cedio-4208284