Club Natación Ferrol
Club Natación Ferrol | |||
---|---|---|---|
Tipo | club deportivo ![]() | ||
Deporte | natación ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | actividades deportivas ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1990 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Ferrol ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | natacionferrol.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Club Natación Ferrol ou CNF é un club deportivo galego con base na cidade de Ferrol no que se practica a natación.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O CNF naceu no ano 1990 co obxectivo de fomentar e impulsar a práctica deportiva da natación en Ferrol. Polo club pasou o pentacampión do mundo de tríatlon, Xavier Gómez Noya, que dende o 2008[2], dá nome á piscina na que o CNF leva a cabo a súa actividade (a Piscina Xavier Gómez Noya, no polideportivo Xavier Gómez Noya, no barrio da Caranza).[1]
O club creou a escola deportiva, na que moitos ferroláns aprenden a nadar. Actualmente o CNF participa en todas as ligas da Federación Galega de Natación e a nivel absoluto na División de Honra da Liga Galega de Clubs, na que participan os mellores Clubs de toda Galicia, así como a nivel nacional en todos os Campionatos de España que se celebran. No ano 2012 recibiu o premio ao mellor Club de Base de Ferrol concedido na Gala do Deporte Ferrolá.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Club Natación Ferrol". Club Natación Ferrol (en castelán). Consultado o 2023-08-28.
- ↑ "Ferrol dedicará un polideportivo al tricampeón del mundo Javier Gómez Noya". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-08-28.