Club Deportivo Maceda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CD Maceda
NomeClub Deportivo Maceda
Fundación1953
EstadioCardeal Quiroga
Galicia Maceda
PresidenteGalicia José Luís Alonso Ramos "Pichi"
AdestradorGalicia Antonio Cerdeiro Fiz "Rexá"
LigaPrimeira Autonómica
2017-18
VestimentaKeltia
PatrocinadorGrupo Academia Postal
Na rede
https://m.facebook.com/maceda.clubedeportivo?refsrc=http%3A%2F%2Fwww.google.com%2F&_rdr pattern_la1=
Titular
Alternativo

O Club Deportivo Maceda é un equipo de fútbol galego, fundado na vila de Maceda. Actualmente xoga no grupo 4 da Primeira División Autonómica. O CD Maceda segue o modelo de accionariado popular, e dicir, o club xestionase de forma democrática polos seus propios afeccionados mediante a máxima “un socio, un voto”. Este modelo de xestión é utilizado por outros clubs da provincia, como é a UD Ourense. O CD Maceda, ao igual que a gran maioría de clubs da provincia, está formado na súa totalidade por persoas da vila, ou dos seus arredores. Isto aplícase a todas as categorías do club, salvo algún caso illado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O club foi fundado o 22 de xullo de 1953 polas forzas vivas da vila[1], aínda que anos atrás xa se disputaran algúns partidos. O seu primeiro presidente foi Francisco Ramos Formoso. O CD Maceda sempre xogou os seus partidos como local no Cardenal Quiroga, que pasou por distintas fases. Nun primeiro momento a superficie era de herba natural. Logo pasou a ser de terra. Finalmente, no ano 2016, fíxose unha reforma das instalacións para adaptalo aos novos tempos, sendo na actualidade de herba atificial.


O CD Maceda, ao longo da súa historia conseguiu alzarse dúas veces coa Copa Deputación, o trofeo máis prestixioso das competicións ourensás. Na temporada 2017/2018 conseguiría o título de campión da Segunda Rexional Grupo 9, que lle permite competir na actualidade na Primeira Rexional.


Seccións de fútbol[editar | editar a fonte]

Ademais do primeiro equipo, o club conta con oito equipos máis. O CD Maceda “B”, que milita na Terceira Rexional; o CD Maceda xuvenil que milita na Primeira Provincial; o CD Maceda cadete que milita na Primeira Provincial de fútbol sala; o CD Maceda infantil que milita na Primeira Provincial; o CD Maceda alevín que milita na Segunda Provincial de fútbol 8; o CD Maceda benxamín que milita na Segunda Provincial de fútbol 8; o CD Maceda prebenxamín que milita na Liga Local de fútbol sala; e o equipo de Veteranos que milita na Segunda División B de Ourense.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acta de fundación Arquivado 07 de outubro de 2011 en Wayback Machine., web do club.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]