Cleopatra Kambugu Kentaro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Uganda |
Educación | Universidade Makerere |
Actividade | |
Ocupación | activista LGBT |
Premios
|
Cleopatra Kambugu Kentaro é unha activista de Uganda que loita polos dereitos humanos e muller trans. Apareceu no documental galardoado en 2016 The Pearl of Africa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kentaro medrou con 11 irmáns, e dálle crédito ó seu pai por criar ós seus fillos coa capacidade de "expresarse sen medo e con albedrío".
Kentaro obtivo unha licenciatura en Agricultura (patoloxía de cultivos, biotecnoloxía, e xenética) na Facultade de Ciencias Agrícolas e Medioambientais de Kampala da Universidade de Makerere.[2]
Comezou a cuestionar a súa identidade de xénero durante os seus estudos na universidade, primeiro investigando concepcións de xénero non binario en diferentes culturas a través da biblioteca e Internet. Despois, ao redor dos 23 anos, comezou a descubrir a comunidade de LGBT de Uganda.
Antes de alcanzar o estrelato, viuse obrigada a fuxir da súa Uganda natal após que a homosexualidade fora prohibida alí, atopando refuxio en Kenya.[1] Foi declarada publicamente transxénero en 2013 na portada do tabloide máis grande de Uganda, Red Pepper. Isto ocorreu unha semana após a aprobación da Lei contra a homosexualidade de Uganda o 20 de decembro de 2013 no Parlamento de Uganda.
The Pearl of Africa
[editar | editar a fonte]Cleo comezou a compartir a súa historia na popular serie web The Pearl of Africa, a cal foi adaptada unha longametraxe documental que se estrenou o 30 de abril de 2016 no Hot Docs Canadian International Documentary Film Festival. En The Pearl of Africa, Kentaro emprende "unha viaxe íntima máis aló das restricións binarias para descubrir a súa identidade", un proceso que atopou difícil debido ás normas africanas de masculinidade.[1] O director Jonny Von Wallström seguiu a Cleopatra Kambugu Kentaro e o seu amante Nelson durante 18 meses, durante os cales Kentaro traballou para mellorar o benestar da comunidade de LGBT de Uganda a pesar da crecente discriminación.
Carreira
[editar | editar a fonte]Kentaro traballa como administradora de subvencións para East African Sexual Health and Rights Initiative (UHAI EASHRI), apoiando a sexualidade, saúde, e dereitos humanos das minorías.[3] Aboga por unha discusión aberta sobre xénero e sexualidade en África, a pesar da incomodidade que nota con respecto ó sexo.[1]
Kentaro está traballando para obter unha mestría en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía da Facultade de Medicina Veterinaria e Bioseguridade de Recursos Animais da Universidade de Makerere. Traballou en varios proxectos diferentes co Centro Nacional de Biotecnoloxía e o Instituto Nacional de Investigación de Recursos de Cultivos Agrícolas, centrándose principalmente na bioloxía molecular do banano e a mandioca das terras altas de África Oriental, co obxectivo de aliviar a pobreza e a fame.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Cleopatra Kambugu Kentaro" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-09.
- ↑ 2,0 2,1 "Cleo Kambugu-Advisory Board Member at Astraea Lesbian Foundation for Justice" (en inglés). Consultado o 2021-03-09.
- ↑ "Cleo Kambugu-East Africa" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-09.