Clemantine Wamariya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clemantine Wamariya
Nacemento1988
Lugar de nacementoKigali
NacionalidadeRuanda e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade Yale
Ocupaciónescritora e Activista polos dereitos humanos
PremiosOkayAfrica 100 Women
Na rede
https://www.clemantine.org/
Twitter: clemantine1 LinkedIn: clemantine TED: clemantine_wamariya Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Clemantine Wamariya, nada en Kigali en 1988[1] é unha escritora e activista polos dereitos humanos de Ruanda.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wamariya en 2016, nun panel con Katherine Maher, Marc Benioff, e Yves Daccord.

Nada nunha familia do pobo tutsi, viuse obrigada a deixar a súa casa e os seus pais aos seis anos durante o xenocidio de Ruanda. O seu pai era un home de negocios no sector do transporte por taxi, e a súa nai unha xardineira que cultivaba froita e flores na casa familiar.[3] Refuxiouse coa súa avoa no sur do país, pero houbo emigrar de novo logo de que matasen a súa avoa. Pasou varios anos viaxando por África (Burundi, Zaire, Tanzania, Malaui, Mozambique e Suráfrica)[2] antes de lograr un visado como refuxiada nos Estados Unidos de América.

Asentouse cunha familia na área de Chicago e comezou a recibir educación regulada aos trece anos. Acadou relevancia internacional en 2006 logo de aparecer no programa The Oprah Winfrey Show, que preparou un encontro sorpresa co seu pai e a súa nai. Logo de graduarse na Universidade Yale comezou a súa carreira como divulgadora. En 2018 publicou un libro de memorias, The Girl Who Smiled Beads.

Notas[editar | editar a fonte]