Clodio, Lupercio e Vitorino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Claudio de León»)

Os santos Clodio, Lupercio e Victorio[1], nados e finados na Gallaecia, na actual León, foron tres soldados do exército romano, mártires durante a persecución aos cristiáns en 304. Son venerados como santos pola Igrexa católica.

Lenda[editar | editar a fonte]

A tradición considerounos fillos de san Marcelo o Centurión e di que foron martirizados en León, durante o reinado de Diocleciano; nada máis se sabe da súa existencia. A súa festividade litúrxica fíxose coincidir coa de Marcelo, o 30 de outubro. No antifonario mozárabe da catedral de Toledo, hai unha interpolación do século XI, que menciona os nomes dos santos que foron achados no arquivo de Toledo entre os que se atopan este tres e relaciónaos con Marcelo.[2]

A relación paterno filial destes santos e Marcelo tamén foi descrita como apócrifa. Algúns escritos din que é máis probable a tese de que Clodio, Lupercio e Vitorino fosen soldados de orixe hispánica e que fosen mártires en León, o que explicaría o seu culto arraigado no antigo Reino de León e territorios próximos.[3] A coincidencia das datas ao martirologio romano faría que se crease unha lenda que a explicase, e por iso é polo que pasasen a converterse en fillos de Marcelo.[4]

Outra lenda, totalmente extemporánea, dicía que este Clodio, fillo de Marcelo, fundou un mosteiro preto da cidade de León, que sería o mosteiro de San Clodio, xa desaparecido.

Veneración[editar | editar a fonte]

As reliquias dos santos foron trasladadas en varias ocasións. Fernando I de Castela instalounas na colexiata de Santo Isidoro, en León. O ano 1173 leváronas a unha igrexa dedicada ao tres mártires, onde estiveron ata que foi derrubada en 1834. Entón, trasladáronse á igrexa de San Marcelo, en León, onde están actualmente.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-05. 
  2. 2,0 2,1 "SANTOS MARCELO, CLAUDIO, LUPERCIO Y Victorio". Consultado o 17 de junio de 2019. 
  3. "Santi Claudio, Luperco e Vittorico su santiebeati.it". Consultado o 17 de junio de 2019. 
  4. Carrillo, Martín (1634). Anales cronologicos del mundo (en castelán). en el Hospital Real y General de Nuestra Señora de Gracia. Consultado o 17 de junio de 2019.