Claudio Arrojo Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1893 Becerreá, España |
Morte | 13 de maio de 1938 (44/45 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | labrego, político |
Familia | |
Irmáns | Julia Arrojo Suárez |
Claudio Arrojo Suárez, nado en Becerreá cara a 1893 e finado en Lugo o 13 de maio de 1938, foi un labrego e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Labrego veciño de Eixibrón. En 1925 foi nomeado carteiro de Tortes.[1] Concelleiro de Becerreá de elección popular en maio de 1931.[2] Militou en Izquierda Republicana. En 1936 volve ser concelleiro de Becerreá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi declarado en rebeldía. Entregouse o 5 de setembro de 1937, e retomado o seu proceso foi xulgado en Lugo por adhesión á rebelión e condenado a pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo ás 6 h do 13 de maio de 1938. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938, foi sancionado en 1940 e logo de satisfacer a sanción económica "recobrou a libre disposición dos seus bens".[3]