Clara Cid Bengoa
Clara Cid Bengoa | |
---|---|
Verín | |
Ocupación | enxeñeira de camiños |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Clara Cid Bengoa, nada en Verín, é unha enxeñeira galega. En 2021 foi galardoada polo Grupo de Deseño e Estruturas Aeroespaciais do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica (AIAA).[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Clara Cid estudou enxeñería de camiños,canais e portos na Universidade da Coruña. É alumna do programa de Doutoramento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos e investigadora do Grupo de Mecánica de Estruturas da Universidade da Coruña.[2]
Premios e Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 2014, obtivo o premio Puentes polo proxecto: Pasarela peonil sobre o río Miño, entre Goián e Vilanova de Cerveira.[3]
En 2021, recibiu o “2021 Student Paper Award in Non-Deterministic Approaches” no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado “Probability-Damage approach for Fail-Safe design Optimization under Aleatory Uncertainty (β-PDFSO)”.[2][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Clara Cid Bengoa: la ingeniera premiada por la aeronáutica de EEUU que diseña estructuras seguras para aviones". Influyentes Cantabria (en castelán). 2021-02-16. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "A alumna de Doutoramento en Enxeñaría Civil Clara Cid Bengoa, premiada no Foro SciTech do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica". udc.es. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "Premios Puentes 2014/2015". www.grupopuentes.com. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ Miranda, Carlos (2021-01-23). "Por aviones seguros, hoy y mañana". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-02-20.