Saltar ao contido

Ciutat Esportiva Joan Gamper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Fachada principal da Ciutat Esportiva.

A Ciutat Esportiva Joan Gamper é un complexo deportivo propiedade do Futbol Club Barcelona situado en Sant Joan Despí. Foi inaugurada o 1 de xuño de 2006[1], e está situada a poucos quilómetros do Camp Nou. Dispón dunha superficie total de case 14 hectáreas, onde hai repartidos, ademais de oficinas e despachos, nove campos de fútbol (5 de herba natural e 4 artificiais), zonas especiais de adestramento ou un polideportivo, entre outros.

A Cidade Deportiva está organizada ao redor do campo central, onde adestra o primeiro equipo e onde non se pode acceder normalmente, xa que está tapado polas oficinas e os vestiarios.

A Cidade ten unha residencia para as xoves promesas desde 2011, onde continua o labor realizado na Masia Blaugrana.[2]

Notas

  1. "Diez años de la inauguración de la Ciudad Deportiva Joan Gamper". www.fcbarcelona.es (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2019. 
  2. "Amor: "No es un día fácil, ha sido mi hogar durante 8 años"". MARCA (en castelán). EuropaPress. 30 de xuño de 2011. Consultado o 21 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]