Saltar ao contido

Cisco Systems

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cisco Systems

Editar o valor en Wikidata
TipoMultinacional
Fundación1984
LocalizaciónSan Francisco (California)
Persoas claveLeonard Bosack
Sandra Lerner
IndustriaTelecomunicacións
Produtosrouters, hubs, teléfonos
Na rede
https://www.cisco.com/
Facebook: cisco Twitter: Cisco Instagram: cisco LinkedIn: cisco Youtube: UCEWiIE6Htd8mvlOR6YQez1g Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cisco Systems é unha multinacional localizada en San Francisco (California), dedicada principalmente á fabricación, venda, mantemento e consultoría de equipos de telecomunicacións tales como:

  • Dispositivos de conexión para redes informáticas: routers (enrutadores, encamiñadores ou ruteadores), switches (conmutadores) e hubs (concentradores).
  • Dispositivos de seguridade como devasas e concentradores para VPN.
  • Produtos de telefonía IP como teléfonos e o CallManager.
  • Software de xestión de redes como CiscoWorks.
  • Equipos para redes de área de almacenamento.

É considerada unha das grandes empresas do sector tecnolóxico e un importante membro do mercado do NASDAQ o mercado accionario de tecnoloxía.

A empresa foi fundada en 1984 polo matrimonio de Leonard Bosack e Sandra Lerner, quen formaban parte do persoal de computación da Universidade de Stanford. Bosack adaptou o software para enrutadores multi-protocolo orixinalmente escrito por William Yeager, outro empregado de informática nesa Universidade. Cisco Systems creou o primeiro router comercialmente exitoso. O nome da compañía vén dun xogo de palabras coa cidade de San Francisco, desde onde comezou o seu desenvolvemento como empresa multinacional.

Hoxe en día, outro xigante que lle está intentando facer sombra é a multinacional Juniper Networks, dedicada principalmente á venda de routers para enlaces backbone (columna vertebral).

Ademais de desenvolver o hardware dos seus equipos, Cisco Systems tamén se ocupa de desenvolver o seu propio software de xestión e configuración para eles, que é coñecido como IOS de código actualmente pechado e totalmente propietario.

A través do IOS conséguese configurar os equipos Cisco mediante a denominada "Command Line Interface" (Interface de Liña de Comandos, polo seu nome en galego) que serve de intérprete entre o usuario e o equipo.

Cisco Systems tamén posúe unha división de publicacións tecnolóxicas denominada Cisco Press, a cal ten convenio coa editorial estadounidense Pearson VUE, así como unha división educativa que produce material educativo para programas que teñen coma fin a formación de persoal profesional especializado no deseño, administración e mantenza de redes informáticas. Algúns destes programas son:

  • CCDA (Cisco Certified Design Associate).
  • CCDP (Cisco Certified Design Professional).
  • CCIE (Cisco Certified Internetwork Expert).
  • CCIP (Cisco Certified Internetwork Professional).
  • CCNA (Cisco Certified Network Associate).
  • CCNP (Cisco Certified Network Professional).
  • CCSP (Cisco Certified Security Professional).

Tales programas son ditados en alianza con institucións universitarias denominadas Academias Locais as cales existen en 128 países.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]