Cinco semanas en globo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cinq semaines en ballon")
Cinco semanas en globo
Cinq Semaines en ballon 001.png
Portada da primeira edición
Título orixinal Cinq semaines en ballon
Autor Jules Verne
Ilustrador Édouard Riou
País Francia
Lingua francés
Xénero(s) Novela, Aventuras
Editorial Hetzel
Data de pub. 1863

Cinco semanas en globo (no orixinal en francés Cinq semaines en ballon) é unha novela do escritor francés Jules Verne que foi publicada en 1863. Trátase da súa primeira novela e nela xa aparecen os ingredientes do que será a súa futura obra, mesturando habilmente unha intriga ateigada de aventuras e sobresaltos de todo tipo e descricións técnicas, xeográficas e históricas. O libro leva a cabo un bo resumo das exploracións do continente africano, que daquela non era totalmente coñecido polos europeos e ó que ían moitos exploradores en busca dos seus segredos.

Foi traducida ao galego por María Carmen Campos e publicada en 2005 pola Baía edicións, dentro da colección As mellores aventuras de Xulio Verne[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do libro en BiTraGa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cinco semanas en globo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]