A revista empezou orixinalmente como un fanzine mimeográfico en 1967, despois relanzado como un trimestral en 1970 polo publicador e editor Frederick S. Clarke.[1] Creada como unha publicación crítica e seria do xénero, a revista distinguiuse inmediatamente de competidores como Famous Monsters of Filmland e The Monster Times polo seu papel puído e o uso de fotogramas de filmes para interiores a toda cor. Os artigos e recensións de Cinefantastique enfatizaron un enfoque intelixente, case académico, unha inclinación daquela infrecuente para unha revista tan específica do xénero. Os anuncios eran poucos, e na súa maioría eran anuncios doutros títulos e materiais da editorial. Esta falta de "recheo de páxina" asegurou ó lector unha gran proporción de contido editorial orixinal.