Saltar ao contido

Cidade Deportiva Afouteza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cidade Deportiva Afouteza

Tipocentro de adestramento de fútbol Editar o valor en Wikidata
Uso(s)Real Club Celta de Vigo
Real Club Celta de Vigo B
Real Club Celta de Vigo C-Gran Peña
Localización
Mapa
 42°10′39″N 8°39′55″O / 42.1775, -8.66517
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloMos
ParroquiaCela Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCela (Mos)
Datas
Fundación2020 Editar o valor en Wikidata
Inauguración20 de novembro de 2020
Persoas e organizacións
Propietario/aReal Club Celta de Vigo
Arquitecto/aJesús Irisarri e Guadalupe Piñera
Operador/aCelta de Vigo Editar o valor en Wikidata
OcupanteCelta de Vigo, Celta Fortuna e As Celtas Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBrccelta.es… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Vista das instalacións.

A Cidade Deportiva Afouteza[1] é un complexo deportivo do Real Club Celta de Vigo situado na parroquia de Cela, no concello de Mos. Foi inaugurada 28 de novembro de 2020. O nome vén do lema "Afouteza e corazón", un dos slogans máis célebres da entidade e que forma parte do seu himno. En agosto de 2020 o Celta realizou unha enquisa entre os seus socios para escoller o nome da nova cidade deportiva, que viña substituír as instalacións municipais da Madroa e de Barreiro. Finalmente, entre 3500 propostas recibidas, escolleuse o nome de Afouteza[2].

Instalacións

[editar | editar a fonte]

Desde novembro de 2021 as instalacións atópanse na Fase 1 do proxecto. Edificado polo Grupo San José, consta de 59 901 m² de parcela, 4878 m² de superficie construída e 29 500 m² de superficie urbanizada. Dispón de ​tres campos de céspede natural e dun edificio principal que alberga almacéns, cuartos de instalacións, ximnasio, oficinas, sala de prensa e vestiarios[3].

  1. "Afouteza e corazón" é un dos lemas do club.
  2. "O Celta abre unha votación entre dez posibles nomes para a cidade deportiva.". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  3. "Afouteza, a gran aposta de Mouriño, celebra o seu primeiro aniversario.". El Desmarque. Consultado o 4 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]