Chutney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chutneys.

Na cociña india o chutney ou chatni (do hindi "chatni") é unha variedade de especias doces e picantes, orixinarias do oeste da India. Trátase dun acompañamento moi popular na cociña india, sobre todo para os panipuris ou bolos de vento, e adoita estar acompañada doutros mollos de sabores semellantes como os encurtidos, papads ou raitas.

Na lingua hindi, a palabra equivalente a ‘facer chatni’ emprégase comunmente como ‘esmagar’. Isto débese a que no proceso de elaboración do chutney é preciso esmagar diversos ingredientes.

En Europa e os Estados Unidos o chutney é máis familiar como produto envasado. Para este propósito engádeselle aceite vexetal, vinagre ou zume de limón, para potenciar as propiedades conservantes.

Tipos de chutney[editar | editar a fonte]

Á parte das diferentes variedades, as especias comúns empregadas adoitan ser a asafétida (chamada hing en hindi), o comiño, o coandro e a alforfa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Weaver, William Woys: «Chutney» (páx. 417-418, no volume 1 da Encyclopedia of Food and Culture, de Solomon H. Katz (ed.), de 3 volumes. Nova York: Charles Scribner’s Sons, 2003.