Chronicon Compostellanum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Chronicon Compostellanum ou, en galego, Cronicón compostelán é unha crónica narrativa en latín medieval sobre a historia da Península Ibérica, desde o asentamento dos visigodos no século V até a morte de Urraca de León o 8 de marzo de 1126. Probablemente foi escrita pouco despois daquela data, e seguramente en Galiza.

Contido[editar | editar a fonte]

Comprende a historia do reino visigodo así como unha lista de reis ovetenses (aínda que en realidade non todos tiveron a súa sede en Oviedo) Laterculum regum ovetensium («Lista dos reis de Oviedo»), e que comeza con Paio de Asturias até Afonso II, escrita cara ao 791, e tamén incorporada no Chronicon Iriense e no Annales Portugalenses veteres. Tamén no século XI, posiblemente en Sahagún ou na cidade de León, redactouse a Historia Silense (1109–18), polo que o Chronicon Compostellanum é a segunda fonte máis antiga que chegou á actualidade. A causa da morte de Urraca (traballando co fillo do seu amante, Pedro González de Lara) aparece no Chronicon.

Foi editado por vez primeira en 1767 por Enrique Flórez, quen describiu así o texto[1]:

Este documento fue escrito en unas copias de la Historia Compostelana, que tuve al tiempo de publicar aquella Historia, y por esto le doy nombre de Chronicon, tomado de uno de aquellos Codices, porque tampoco está en todos, pues no es obra de sus Autores, sino de algun posterior, y nada afecto a la Reyna D. Urraca, madre de D. Alfonso VII. Su copia salió muy errada en los números del principio: pero tiene muchas individualidades acerca de los hijos de D. Fernando I. por lo que, y habiéndole ya citado en otras partes, le damos con los otros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 28ª nota preliminar ao apéndice de documentos latinos no volume vinte e trés de España Sagrada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]