Christian von Koenigsegg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Christian von Koenigsegg
Christian von Koenigsegg.png
Nacemento2 de xullo de 1972
 Estocolmo
NacionalidadeSuecia
Ocupacióndeseñador e empresario
editar datos en Wikidata ]

Christian Erland Harald von Koenigsegg, nado o 2 de xullo de 1972 en Estocolmo, é un empresario sueco, fundador do fabricante de automóbiles deportivos Koenigsegg.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Christian von Koenigsegg é fillo de Jesko von Koenigsegg, director J K Energiteknik, e da modista Brita. A familia von Koenigsegg procede de Suabia e Baviera dunha familia artistocrática que se remonta ao século XII.[1] Christian medrou en Estocolmo e estudou en Lundsbergs skola e na Escola Escandinava de Bruxelas. En 1994 con 22 anos de idade, fundou a súa propia compañía Koenigsegg automotive AB con diñeiro que tiña aforrado e ao ano seguinte recibiu cartos de seu pai e 1999 logrou dous millóns de dólares dun grupo de 20 investidores[2], salientando Bård Eker que é o principal accionista da empresa[3], porén von Koenigsegg é o presidente.

O primeiro prototipo deseñouno o enxeñeiro David Crafoord, e logo de varios anos de desenvolvemento apareceu o primeiro modelo que se fabricou o Koenigsegg CC8S elaborado en Margretetorp en 2002. Despois de acadar unha velocidade de 388 quilómetros por hora o libro Guinness recoñeceuno como o coche fabricado en serie máis rápido do mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ointroducerad Adels Förening (2014). Ointroducerad Adel 2015. Stockholm. ISBN 978-91-637-6651-0
  2. Christian von Koenigsegg On His New $2 Million Supercar, Forbes 11 de maio de 2016
  3. The Not-so-Small Koenigsegg Group AB Puts Saab Back in Swedish Hands, Car and Driver agosto de 2009