Choe Yong-rim
Choe Yong-rim 최영림 | |
---|---|
![]() | |
Período | 7 de xuño de 2010 - 1 de abril de 2013 |
Antecesor | Kim Yong-il |
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de novembro de 1930 |
Ryanggang | |
Organización | Partido dos Traballadores |
Alma máter | Universidade Kim Il-sung, Universidade Estatal de Moscova e Mangyongdae Revolutionary School |
[ editar datos en Wikidata ] |
Choe Yong-rim (en coreano: 최영림), nado en Ryanggang o 20 de novembro de 1930, é un político norcoreano que foi primeiro ministro de Corea do Norte entre 2010 e 2013.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Choe Yong-rim estudou na Escola Revolucionaria Mangyongdae, na norcoreana Universidade Kim Il-sung e na Universidade Estatal de Moscova, na Unión Soviética, e ocupou diversos cargos desde 1950. Do 11 de abril de 2005 a xullo de 2009, foi secretario xeral do Presidium da Asemblea Popular Suprema de Corea do Norte, cargo no que substituíra a Kim Yunhyŏk. O 30 de maio de 2010, era secretario en xefe do Comité Local da cidade de Pyongyang do Partido dos Traballadores de Corea.
Como primeiro ministro, Choe foi o xefe de goberno do país, o que significa que nomeaba aos ministros e vice-primeiros ministros, que son confirmados pola Asemblea Popular Suprema, sendo tamén responsable da política económica e doméstica. Oficialmente, Choe era parte dun triunvirato que dirixe o poder executivo de Corea do Norte, cada un con poderes equivalentes a un terzo dos poderes dun presidente nos sistemas presidenciais. Choe Yong-rim á fronte do goberno, o presidente do Parlamento, manexa as relacións exteriores, e o Presidente da Comisión Nacional de Defensa, comanda as forzas armadas. Especulouse que o antecesor de Choe, Kim Yong-il, foi destituído en parte debido ás reformas monetarias que tiveron lugar a principios de 2010. Kim desculpouse publicamente polos contratempos antes de renunciar.