Chivi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Córdoba
Josecordobaconsanty.jpg
Nome completoJosé Francisco Córdoba
AliasChivi (1995—2008)
Nacemento13 de xaneiro de 1977
Madrid, España Flag of Spain.svg
OrixeMadrid
Ocupacióncantautor
XéneroCanción de autor
Instrumento(s)Voz, guitarra
Selo(s) discográfico(s)EPC
Tempo en activo1995 — actualidade
Na rede
www.josecordoba.com
editar datos en Wikidata ]

José Francisco Córdoba, máis coñecido como José Córdoba, Chivi ou o pornoautor, nado en Madrid o 13 de xaneiro de 1977, é un cantautor español de letras satíricas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Francisco Córdoba, máis coñecido como Chivi (pornoautor), é un cantautor saído da escola dos Calasancios en Madrid (España). Naceu o 13 de xaneiro de 1977 na cidade de Madrid. Dende moi novo, seguiu a obra dos grandes cantautores da época e baixo o seu influxo, empezou a compoñer as súas primeiras cancións en 1995. Aquelas letras das súas orixes eran moi diferentes ás de hoxe en día; falaban de amor, desamor e as súas vivencias de adolescente.

En 2004 compón e edita a canción "Trenes para el cielo" en homenaxe ás vítimas do 11-M.

Chivi chega ao cume do seu éxito e edita o disco Spanish Psycho, o 22 de novembro de 2005, baixo o selo El Diablo!. É o seu primeiro disco distribuído a gran escala no que conta coa colaboración de músicos como Joaquín Carbonell ou Despistaos. Neste disco José incluíu cancións cunha linguaxe máis coidada e menos ofensiva centrándose na calidade musical e no ton de humor sen necesidade de recorrer a groserías en exceso. Exemplo disto son os temas "Spanish Psycho" (sendo a súa primeira canción emitida en radio), "Mi princesa" ou "Cuando quiero llorar".

En 2008 José decide dar fin á súa personaxe Chivi para retomar o seu estilo orixinal e publica o disco Estado natural, firmado xa como José Córdoba e no que as súas letras adquiren un ton máis maduro.

Polémica[editar | editar a fonte]

Chivi causou polémica na blog de David Bravo por un artigo escrito o 4 de agosto de 2007 no que se recollen unhas sorprendentes declaracións contraditorias sobre a piratería a través de redes P2P,[1] xa que se declaraba abertamente en contra do intercambio de ficheiros ou a promoción por Internet cando en declaracións anteriores manifestárase completamente a favor.

O 7 de agosto de 2007 el mesmo desvelou que esas declaracións foron feitas co único propósito de negar a autoría de cancións que se lle atribuiran erroneamente, tales como "Negros de mierda" ou "Me cago en esos putos rumanos", que, polo seu forte contido racista, prexudicaban a súa imaxe.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Como Chivi[editar | editar a fonte]

Como José Córdoba[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]