Chip e Chop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Chip vestido de pirata en Disneyland.
Chip e a súa moza en Disneyland Paris.

Chip e Chop (no orixinal en inglés Chip 'n Dale) son dúas tamias ficticias da Walt Disney, que aparecen en series de debuxos animados e historietas infantís. Chip e Chop non son verdadeiros esquíos, senón uns roedores do xénero Tamias, semellantes aos esquíos, tamén da familia Sciuridae.

De acordo coa Disney, Chip é o lóxico e Chop o tolo. Aparecen en varios debuxos do Pato Donald como antagonistas simpáticos, mais a súa estrea deuse nuns debuxos do Pluto de 1943. En 1989 protagonizaron unha serie propia: Chip 'n Dale Rescue Rangers (En Galicia emitido en castelán no espazo Club Disney de Televisión Española co nome Chip y Chop Guardianes Rescatadores ).

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

Chip: irmán de Chop, é o máis intelixente dos dous. Está apaixonado por Gaddy Hackwrench, unha ratiña moi intelixente que tal como Chip, nunca demostra o seu amor por el, mais todos saben que os dous se aman. En Portugal coñécese co nome de Tico.

Chop (Dale): irmán de Chip, é medio tolo, mais cando se trata de salvar a vida fai o imposíbel virar real, Chop tamén gusta de Gaddy, mais sabe que o seu irmán gusta dela e non di ren. En Portugal coñécese co nome de Teco; Dale é o nome orixinal en inglés e o empregado en América Latina.

Aparicións[editar | editar a fonte]

Series de TV[editar | editar a fonte]

  • Walt Disney's Wonderful World of Color (Serie de TV, 1961).
  • Mickey Mouse Club (Serie de TV, 19??)
  • Chip 'n' Dale Rescue Rangers (Serie de TV, 1989) : Chip e Chop aparecen coma rescatadores, e os seus novos personaxes, Gadget Hackewrench, Monterey Jack e Zipper enfróntanse aos maos como Fat Cat (Malacara) e o Profesor Notron Nimmul.
  • Darkwing Duck (Serie de TV, 1991) : Chip e Chop fan un cameo nun episodio de TV.
  • Mickey Mouse Works (Serie de TV, 1999) : Chip e Chop apareceron en dous episodios xunta o Pato Donald e Mickey Mouse.
  • House of Mouse (Serie de TV, 2001).
  • Mickey Mouse Clubhouse (Serie de TV, 2007): Chip e Chop aparecen en 3D nos episodios.

Series de curtas cómicas de debuxos animados[editar | editar a fonte]

  • Walt Disney Comics and Stories #89, #204 (comezan coma personaxes habituais) (1940 - Presente)
  • Four Color #517, 581, 636. (1942 - Presente)
  • Chip 'n' Dale #4 - 30 (Dell) (1952 - 1962)
  • Chip 'n Dale #1 - 64 (Gold Key) (1967 - 1984)
  • Chip 'n Dale #65 - 83 (Whitman) (1967 - 1984)
  • Chip 'n' Dale Rescue Rangers #1 - 17 (Disney) (xuño de 1990 - decembro de 1991)
  • Chip 'n' Dale Rescue Rangers #1 - 8 (Boom) (decembro de 2010 - xullo de 2011)

Videoxogos de Chip e Chop[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

LIgazóns externas[editar | editar a fonte]