Chiara Vigo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1955 (69 anos) Calasetta, Italia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Ocupación | artesá , tecelá |
Lingua | Lingua italiana |
Chiara Vigo, nada en Calasetta, na illa de Sant'Antìoco, Italia, o 1 de febreiro de 1955, é unha tecelá e artesá italiana, coñecida por ser a última das mestras na arte de traballar o biso, unha fibra que provén do molusco Pinna nobilis.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chiara Vigo aprendeu o seu oficio da súa avoa, xa que é un saber que na súa familia se trasmite matrilinealmente. Cando tiña 27 anos fixo o chamado xuramento da auga, polo que se comprometía a non sacar un beneficio económico do traballo do biso.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- En 2017 foi premiada co Artisanal Laureate Award, nos premios Green Carpet Fashion Awards.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Chiara Vigo, el maestro del hilo de mar". Sardinia12 (en castelán). 11 de novembro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2019.
- ↑ "The GCFA Award Winners 2017". Eco-Age (en inglés). 20 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Museo do Biso en Sant'Antìoco(en italiano)
- Reportaxe sobre Chiara Vigo e o traballo do biso(en italiano) (en inglés)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |