Malachy McKinny, un estudante de secundaria aplicado, traballa no Titanic Leisureplex, un centro de deportes propiedade de Dave. O seu mellor amigo é Luke, un traficante de drogas que vive co seu pai, drogadicto. Os dous mozos fican abraiados con Michelle, unha moza fermosa e con carisma que vén de mudarse de Londres para vivir co seu pai, Dave.
Luke e Malachy tentan gañar o afecto de Michelle, polo que compiten entre eles nun desenfreo de sexo, drogas, vandalismo, roubos e pelexas. Porén, os tres adolescentes acaban por decatarse de que a situación se lles foi das mans. A festa que montan no Titanic Leisureplex remata nunha desfeita cando Dave chega e atópao todo estragado. Bótalle a culpa a Malachy, e houbo matalo a golpes, mais Luke sálvao golpeando a Dave na cabeza cun pau.
Desorientado, Dave vira amodo cara Luke, quen lle volve bater na cabeza. Malachy, ensanguentado e cheo de negróns, levántase e dille a Luke que non quere deixar alí a Michelle, quen está a chorar ante o seu pai, morto. Luke fica con Malachy "apoiándoo", até que chegan a ambulancia e a policía e son detidos para tomárenlles declaración.
O final do filme coincide coa secuencia de apertura. Malia vérense só anacos do interrogatorio final, escóitanse as últimas palabras de Malachy e Luke.
- Rupert Grint como Malachy McKinney
- Robert Sheehan como Luke
- Kimberley Nixon como Michelle
- James Nesbitt como Dave, o pai de Michelle
- Niamh Quinn como Donna
- Paul Kennedy como Chris
- Conor MacNeill como Fanta
- Greer Ellison como Bun
- Kat Kirk como Sharon
- Kathy Kiera Clarke como Emma
- Lalor Roddy como Smiley
- Paul Garrett como Bob
- Paul Caddell como profesor de natación
- Richard Orr como Tío Joe
- Bronach Lawlor como Jessica
- Maggie Hayes como Tía Maggie