Chauci
Aparencia
Os caucos (latín Chauci) son unha tribo xermánica do tempo da Roma antiga que ocupaba un vasto territorio costeiro que se estendía desde Frisia polo oeste ata o Elba polo leste. Na época de Tácito, están instalados máis ao sur, na desembocadura do Weser. Foron vítimas da conquista romana no -47 e pouco e pouco fóronse integrando aos saxóns. Plinio o Vello contou o seu período de servizo militar combatendo contra os caucos. Durante o reinado de Marco Aurelio, lanzaron unha ofensiva en dirección á Galia, bordeando o litoral e foron rexeitados polo futuro emperador Didio Xuliano.