Charles de Gerville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles de Gerville
Nacemento19 de setembro de 1769
 Vesly
Falecemento26 de xullo de 1853
 Valognes
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversity of Caen Normandy
Ocupaciónarqueólogo, naturalista e político
editar datos en Wikidata ]

Charles-Alexis-Adrien Duhérissier de Gerville, nado en Gerville-la-Forêt o 19 de setembro de 1769 e finado en Valognes o 26 de xullo de 1853, foi un erudito, historiador, naturalista e arqueólogo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do nobre Charles de Gerville. Estudou no colexio de Coutances e máis tarde estudou dou cursos de Dereito na universidade da cidade de Caen.

Charles de Gerville cuñou por primeira vez o termo románico para se referir á etapa da arquitectura que comprendía dende a caída do Imperio Romano até o século XII; o termo xa existía relacionado coas linguas derivadas do latín (linguas romances ou románicas) e el empregouno nunha carta dirixina en 1818 ao seu amigo Arcisse de Caumont, outro arqueólogo francés que foi quen o difundiu no seu Essai sur l'architecture du moyen âge, particulièrement en Normandie (Ensaio sobre a arquitectura medieval, particularmente en Normandía), datado no ano 1824.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Voyage archéologique dans la Manche, 1818-1820.
  • Les Abbayes et les anciens châteaux de la Manche, 1825.
  • Recherches sur le Hague-dike et les premiers établissements militaires des Normands sur nos côtes, 1831.
  • Études géographiques et historiques sur le département de la Manche, 1854.
  • Les Châteaux de la Manche : l’arrondissement de Saint-Lô, 1989.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lefèvre, F. (1996) La famille de Charles du Hérissier de Gerville, Saint-Lô: Société d’archéologie et d’histoire de la Manche.