Charles Lynch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Lynch
Nacemento1736
Lugar de nacementoColónia da Virgínia
Falecemento29 de outubro de 1796
Lugar de falecementoCondado de Pittsylvania
NacionalidadeEstados Unidos de América e Trece Colonias
RelixiónSociedade Relixiosa dos Amigos
Ocupaciónavogado, político, xuíz e Terratenente
IrmánsJohn Lynch
Na rede
WikiTree: Lynch-473
editar datos en Wikidata ]

Charles Lynch, nado en 1736 e finado o 29 de outubro de 1796, foi un xuíz do Estado de Virxinia, Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Charles Lynch naceu en Virxinia, descendente dos cuáqueros inmigrantes de Irlanda. A cidade de Lynchburg foi chamada así por un dos membros da súa familia, probablemente polo seu irmán John. A súa esposa Anne Terell era unha cuáquera de nacemento, e os seus cinco fillos foron criados como cuáqueros.

Lynch serviu na House of Burgesses entre 1769 e 1778, cando se converteu en Coronel de Milicia. Despois da Revolución foi Senador en Virxinia entre 1784 e 1789.

Durante a Revolución Americana encabezou unha corte irregular en Virxinia para castigar os leais partidarios dos Británicos. En 1780 ordenou a execución dunha banda de conservadores (tories) sen dar lugar a xuízo.

Esta acción deu lugar ao que se coñeceu como a "Lynch Law" ou lei de Lynch. De aí vén a palabra linchamento e o verbo linchar.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.