Chandelier (canción)
«Chandelier» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Sia | |||||
do álbum '1000 Forms of Fear' | |||||
Lanzamento | 17 de marzo de 2014 | ||||
Formato | Sinxelo en CD e descarga dixital | ||||
Gravada | 2013 | ||||
Xénero musical | Electropop | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:36 | ||||
Discográfica | Monkey Puzzle e RCA Records | ||||
Produtor(es) | Greg Kurstin e Jesse Shatkin | ||||
Escritor(es) | Sia Furler e Jesse Shatkin | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Chandelier" é unha canción da cantante australiana Sia, procedente do seu álbum de 2014 1000 Forms of Fear. Escrita por Sia e Jesse Shatkin e producida por Shatkin e Greg Kurstin, a canción foi lanzada o 17 de marzo de 2014 como sinxelo do álbum. O seu estilo é unha mestura de electropop con música electrónica, R&B e influencias do reggae.
Vídeo musical
[editar | editar a fonte]O vídeo musical da canción foi dirixido por Sia e por Daniel Askill, mentres que a coreografía é de Ryan Heffington. Foi lanzado o 6 de maio de 2014 e nel aparece a nova bailarina Maddie Ziegler levando unha perruca loura de Sia e interpretando a coreografía nun piso baleiro. "Chandelier" recibiu dous nomeamentos aos MTV Video Music Awards nas categorías do Mellor Vídeo do Ano e Mellor Coreografía, gañando o segundo.[1][2]
O 5 de decembro de 2014 acadou o nomeamento aos Premios Grammy ao Mellor Vídeo Musical.[3] O vídeo axiña se fixo viral en YouTube, converténdose no sétimo vídeo musical máis visto de 2014 con máis de 400 millóns de visualizacións.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gallo, Phil. Billboard, ed. "Beyoncé Leads MTV VMAs With 8 Nominations". Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ MTV News (ed.). "Here's Your Full List Of 2014 VMA Winners". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ Grebey, James. Spin, ed. "Grammys 2015 Nominees: Sam Smith, HAIM, Iggy Azalea, and More". Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ Ayers, Mike. The Wall Street Journal, ed. "Katy Perry's 'Dark Horse' Is the Most-Watched YouTube Music Video of 2014". Consultado o 11 de xaneiro de 2015.