Chamábase Luís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chamábase Luís
Autor/aMarina Mayoral
OrixeGaliza
Linguagalego
Tema(s)drogadicción
Xénero(s)crónica realista
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.1989
Páxinas132
ISBNISBN 978-84-9782-512-2
editar datos en Wikidata ]

Chamábase Luís é unha crónica realista escrita por Marina Mayoral publicada en 1989. Nela amósase o problema da droga na sociedade contemporánea.

Argumento[editar | editar a fonte]

Luís é un home de trinta anos, fráxil. Pertence a unha familia modesta, e está enganchado ás drogas dende os vinte. Ten tres irmáns e dous fillos, de trece e oito anos, dos que non sabe nada. A súa vida é un camiño cara a morte a causa da súa drogodependecia. Vive do que arrepaña no alleo, e da súa nai. Dos seus catro irmáns un morreu por culpa das drogas, e os outros non queren saber nada del.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Luís viúvo, con dous fillos. Non espera máis da vida.
  • Rosa, a nai de Luís, desvívese por darlle todo ó seu fillo e traballa nunha casa co fin de axudalo. Tamén está viúva.

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Alberto, irmán de Luís, quere ó seu irmán mais amósalle desprezo pola súa adicción ás drogas.
  • Maribel, a muller de Alberto, levou unha vida dura e comprende moi ben a Rosa e tamén a Luís.
  • A dona da casa onde traballa Rosa comprensiva. Escribiu o libro.
  • Xoaquín e Mónica son os fillos de Luís, dos que case non sabe nada. Viven cos seus avós maternos.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao catalán por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de Es deia Lluís publicado en 1995 pola Editorial Grijalbo[1].
  • Ao portugués por Margarida Machado co título de Chamava-se Luís publicado en 1999 por Ed. Âmbar, Col. Quarto Crescente[2]
  • Ao castelán pola propia autora co título de Se llamaba Luis publicado en 1995 pola Editorial Grijalbo Mondadori-Junior, Arca abierta[3], en 1997 por Círculo de Lectores[4], e en 2004 pola Editorial Anaya, Col. Espacio Abierto[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Es deia Lluís". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06. 
  2. "Chamava-se Luís". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06. 
  3. "Se llamaba Luis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06. 
  4. "Se llamaba Luis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06. 
  5. "Se llamaba Luis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]