Cetme (acrónimo de Centro de Estudios Técnicos de Materiales Especiales) foi o fusil de asalto oficial do exército español dende 1957 ata 1999, cando foi substituído polo modelo G-36E da empresa Heckler & Koch.[1]
Do Cetme existen varias versións similares entre elas: A, A1, B, C, E, L, LC, LV, AMELI. Aínda é empregado pola Garda civil. Recibía o alcume de chopo polos seus usuarios polas pezas de madeira, que en modelos posteriores foi substituída por materiais plásticos. O fusil incluía accesorios como lanzagranadas, mira telescópica e baioneta. Estaba fabricado pola empresa Santa Bárbara Sistemas na súa fábrica da Coruña. Existe unha versión de Cetme C,2 en versión semiautomática para o mercado civil, denominado comercialmente como Cetme Sport.