Cessna 182 Skylane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cessna 182 Skylane
Tipoutilitario lixeiro
FabricanteCessna Aircraft Company
Primeiro voo10 de setembro de 1955
Introducido1956
Produción1956 - 1985
1996 - 2012
2015 - presente
Unidades construídasmáis de 23 200

O Cessna 182 Skylane é un avión lixeiro estadounidense de catro prazas e monomotor construído por Cessna de Wichita, Kansas. Ten a opción de engadir dous asentos para nenos na zona de equipaxe.

Introducido en 1956, o 182 foi fabricado en distintas variantes, incluída unha versión con tren de aterraxe retráctil, e trátase do segundo modelo máis popular de Cessna aínda en produción tras o 172.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Cessna 182 foi introducido en 1956 como unha variante con tren en triciclo do 180, impulsado por un motor Continental O-470-L de 230 cabalos.[1] A medida que a produción continuou, os modelos posteriores melloráronse regularmente con características como unha fuselaxe máis ampla, deriva en frecha, fiestra traseira "omni-vision", compartimento de equipaxe máis grande, máis peso bruto, ou cambios no tren de aterraxe.[1]

En 1986 a produción do modelo cesou tras 30 anos e case 20 000 unidades fabricadas. Nese momento a versión de produción era a 182R.[1]

A produción reiniciouse dez anos despois coa versión 182S. Os avións de "reinicio" construídos despois de 1996 eran diferentes en moitos outros detalles, incluíndo un novo motor, un novo deseño de asentos ou unha nova iluminación interior entre outras cousas.[1] En 2001 chegaron as versións 182T e T182T fabricadas ata 2012, cando Cessna volveu a cesar a produción.

A mediados de 2013 Cessna planeou introducir o seguinte modelo do 182T, designado JT-A, usando o motor diésel de 227 cabalos SMA SR305-230 funcionando con Jet-A.[2] O Cessna 182 normal de gasolina que deixara de producirse en 2012 volvería a fabricarse a partir de 2015.[3]

Os Cessna 182 tamén foron construídos en Arxentina por DINFIA, como o A182, e en Francia por Reims Aviation, como o F182.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "182 Model History" (PDF). Cessna Pilots Association. Consultado o 13 de abril de 2024. 
  2. "Cessna Unveils Jet A Engine For Skylane". AVweb (en inglés). 2012-07-22. Consultado o 2024-04-13. 
  3. Pope, Stephen (2015-05-15). "Gas-Powered Cessna 182 Back in Production". FLYING Magazine (en inglés). Consultado o 2024-04-13.