Cerro de Quininí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°19′42″N 74°30′00″O / 4.3283897, -74.49994

Vista do cerro Quininí.

O cerro de Quininí,[1] tamén coñecida como Montaña sacra da Lúa, é unha reserva forestal protexida pertencente a un macizo montañoso de cume afiado que se estende dende o oeste do val do río Magdalena até o leste do canón do río Sumapaz. Creouse no ano 1987 pola xunta directiva do daquela Instituto Nacional dos Recursos Naturais Renovables do Ambiente "INDERENA". Cunha extensión de 1.900 hectáreas aproximadamente, composta por bosques exclusivos para a protección, até leiras agropecuarias (leiras cafeteiras, cultivos de plátano, gandaría), representados en altitudes que van dende os 1200 m.s.n.m. até os 2.133 m.s.n.m no seu cume. A reserva forestal protectora do cerro de Quininí pertence á xurisdición do concello de Tibacuy.

Historia[editar | editar a fonte]

A rexión corresponde ao antigo territorio indíxena dos panches, de cuxa civilización hai mostras nos petróglifos ou arte rupestre e enterros funerarios dispersos na zona, cuxo legado representaba a importancia da montaña sacra da lúa "Quininí" como templo sacro.

No presente conta con carreiros ecolóxicos que permiten recoñecer os principais pretróglifos e estruturas rochosas de interese para a cultura panche. Entre elas salienta o pico da cabeza do indio (o cal pola súa particular formación e tamaño, é o referente máis recoñecido do cerro pola súa representación histórica).

Notas[editar | editar a fonte]