O Cerco de Acre, tamén coñecido como a Caída de Acre, tivo lugar en 1291 e resultou na perda da cidade de Acre de mans dos cristiáns. Considérase unha das batallas máis importantes do período, e frecuentemente é mencionada polos historiadores como o evento que marcou o fin das Cruzadas. Cando Acre caeu, os cruzados perderon a súa última gran fortaleza no Reino Cristián de Xerusalén. Con todo, aínda mantiveron baixo o seu control unha fortaleza, ao norte, na cidade de Tartus (Siria), e realizaron varias incursións costeiras así como un intento de reconquista desde a pequena illa de Arwad, que posteriormente perderon tamén en 1302 no Cerco de Arwad. Para entón, os cruzados xa non posuían terras, cidades ou fortalezas en Terra Santa.