Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo
Centro de Cultivos Mariños | |
---|---|
Tipo | centro de investigación |
Presidente/a | Dorotea Martínez Patiño |
En | Porcillán |
País | Galicia |
43°32′27″N 7°02′17″O / 43.540749024071, -7.0380555447738 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Centro de Cultivos Mariños é unha sección do Centro de Investigacións Mariñas, dependente da Consellaría do Mar da Xunta de Galicia. Ten a súa sede no peirao de Porcillán, en Ribadeo.[1] En 2023 a súa directora é Dorotea Martínez Patiño.
Función e organización
[editar | editar a fonte]A súa función básica é o desenvolvemento de investigacións encamiñadas a conseguir unha xestión racional e eficiente dos recursos mariños renovables no ámbito xeográfico de competencia da Administración autonómica de Galicia.[2]
Dispón dunha biblioteca, duns 700 volumes, para o persoal, mais de acceso público con carácter restrinxido.[3] A súa evolución caracterízase pola estabilidade: en 2015 contaba con 19 postos de traballo (incluídos bolseiros e persoal de mantemento), pasando a 20 en 2020[3].
Produción
[editar | editar a fonte]Nos 1990 logrou a reprodución de coquina para o seu cultivo nas rías galegas.[4] Entre 2018 e 2023 produciu máis de 12 millóns de sementes de moluscos bivalvos para a súa implementación nas rías.[5] No 2023 está a traballar en investigacións relacionadas co ourizo, ostra, macroalgas ou os bancos naturais das distintas rías.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mantra (2015-02-19). "Centro de Cultivos Marinos de Ribadeo (CIMA)". Observatorio Español de Acuicultura (en castelán). Consultado o 2023-09-27.
- ↑ "Centro de Investigacións Mariñas. Memoria 2015" (PDF). Consellaría do Mar. Consultado o 27 de setembro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Centro de Investigacións Mariñas. Memoria 2020." (PDF). Consellaría do Mar. Consultado o 27 de setembro de 2023.
- ↑ Agremon (15 de marzo de 2018). "Centro de cultivos mariños". Ribadeando. Consultado o 2023-09-27.
- ↑ "El Cima ribadense es un centro clave para todo el marisqueo gallego". El Progreso de Lugo (en castelán). 21 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-27.