Saltar ao contido

Centro Hípico Los Porches

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O Centro Hípico Los Porches é unha entidade adicada á equitación situada na parroquia de Morás, en Arteixo, e que foi fundada en 1993 por unha familia afeccionada ó mundo hípico. O centro está homologado pola Federación Hípica Española cunha categoría de 3 estribos nun rango de 1 a 4.

Actividades

[editar | editar a fonte]

As actividades do centro van dende a venda e coidado de cabalos, a doma de poldros e o ensino a rapaces, ata a organización de torneos de saltos e de doma. A escola de equitación do centro dispón de 16 cabalos e 6 ponis, e ten máis de 200 alumnos.

Instalacións

[editar | editar a fonte]

Los Porches ten dúas pistas grandes cubertas nas que se disputan varias probas do calendario hípico galego, e dúas exteriores tamén grandes, unha de herba e outra de area. Ademais ten 180 boxes para cabalos, tenda, vestiarios e cafetería.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]