Saltar ao contido

Central nuclear de Regodola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa dos proxectos nucleares en España.

A central nuclear de Regodola foi un proxecto de central nuclear que non chegou a ser construída, situada no concello lucense de Xove, na Mariña Occidental. En 1976 concedeuse a licenza de instalación, pero a chegada do PSOE ao goberno do Estado en 1982 e a conseguinte moratoria nuclear en 1984 paralizaron de xeito definitivo as obras.[1][2] Tiña unha potencia prevista de 1000 MW.[3] Foi o único proxecto de establecer unha central nuclear en territorio galego.

  1. Autorizada la instalación de una central nuclear en Lugo El País (24 de agosto de 1976)
  2. Temor en Lugo por la central nuclear de Xove El País (6 de abril de 1979)
  3. "Central nuclear de Regodola". energia-nuclear.net. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2013. Consultado o 11 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]