Cenarchaeum symbiosum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cenarchaeum symbiosum
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: Crenarchaeota
Filo: Thaumarchaeota
Clase: incertae sedis
Orde: Cenarchaeales
Familia: Cenarchaeaceae
Xénero: Cenarchaeum
Especie: Cenarchaeum symbiosum

Cenarchaeum symbiosum é unha especie de microorganismos do dominio das arqueas con forma de bacilo, e a primeira especie descrita do novo filo proposto das Thaumarchaeota. C. symbiosum non é termófila como outras arqueas, senón que vive a temperaturas temperadas (crece ben a 10 °C) e encóntrase habitando en esponxas mariñas como simbionte.[1]

O xenoma de C. symbiosum estímase que ten 2,02 millóns pb, e contén pouco máis de 2000 xenes preditos.[2] Presenta un ciclo do ácido tricarboxílico incompleto, a vía de Embden-Meyerhof, e unha derivación da vía da pentosa fosfato.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Preston CM, Wu KY, Molinski TF, De Long EF (1996). "A psychrophilic crenarchaeon inhabits a marine sponge: Cenarchaeum symbiosum gen. nov., sp. nov". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 93 (13): 6241–6246. PMC 39006. PMID 8692799. doi:10.1073/pnas.93.13.6241. 
  2. "Cenarchaeum symbiosum (Cenarchaeum symbiosum) Genome Browser Gateway". Genome Browser Gateway. Consultado o May 25, 2011.