Celestino Pichel Bouzas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1926 Viascón, España |
Morte | 6 de outubro de 2014 (87 anos) Montevideo, Uruguai |
Residencia | Uruguai (1953–) |
Actividade | |
Ocupación | gaiteiro |
Celestino Pichel Bouzas, nado en Viascón (Cerdedo-Cotobade) en 1926 e finado en Montevideo o 6 de outubro de 2014, foi un gaiteiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Uruguai en 1953, onde viviu dende entón. Despois de chegar a Montevideo vinculou a súa actividade musical coa Casa Gallega de Montevideo. Foi fundador e tesoureiro do Centro Pontevedrés de Montevideo. Dende 1990 dirixiu a escola e o grupo de gaitas do Ballet Folclórico Obradoiro. Celestino Pichel era curmán de Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón.[1] Estaba considerado como o gaiteiro de máis idade de América. Finou en Montevideo o 6 de outubro de 2014.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]No ano 2009 a Deputación de Pontevedra outorgoulle o premio Entreculturas, que recoñece o labor de persoas e entidades no eido da defensa do emigrante e da cultura galega[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reportaxe sobre a emigración galega en Uruguai e Celestino Pichel Arquivado 17/10/2007, en Wayback Machine. no programa da TVG Alalá, 24 de novembro de 2008.
- ↑ Mueren Celestino Pichel y Dalmiro Blanco, dos pontevedreses de referencia en la emigración gallega
- ↑ Acta do xurado cualificador do premio Entreculturas 2009[Ligazón morta]