Celestino López López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Portomarín, España |
Morte | 1963 (55/56 anos) Cidade de México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Cónxuxe | Concepción Pazo Álvarez |
Celestino López López, nado en Portomarín en 1907 e finado en Cidade de México en 1963, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Axente comercial en Vigo. Membro da directiva da Asociación Gallega de Comisionistas e Viaxantes en 1929,[1] foi organizador en 1933 da Federación Nacional de Comisionistas, Viaxantes e representantes do comercio e a industria afecta á UGT.[2] Membro do grupo republicano de Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e viviu durante máis dun ano protexido por amigos e familiares. Logrou embarcar furtivamente na Coruña e exiliouse en México. Traballou como distribuidor de películas mexicanas. Formou parte da Alianza Nazonal Galega. Publicou en 1943 Embrujo del Amazonas, un libro que relataba as súas experiencias e observacións nunha viaxe por barco a través do Amazonas, que tivo unha segunda edición en 1957 co título La vida en el Amazonas. Finou en Cidade de México en 1963.
Obras
[editar | editar a fonte]- Embrujo del Amazonas. Relatos de la vida y costumbres del Río Amazonas relatados por un hombre que vivió siete años en la selva virgen, cruzando el río mar en todas direcciones, 1943.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Estrada con Concepción Pazo Álvarez en 1935.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pazos Pazos, María Luisa (2001). "El Colegio Madrid: dos gallegos y su integración entre los exiliados de México, Concepción Álvarez y Celestino López" (PDF). Actas do Congreso Internacional "O exilio galego". Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. pp. 1560–1567. ISBN 84-96530-29-9.
- Pazos Pazos, María Luisa (2008). "Mujeres exiliadas en México: Gallegas de Tabeirós e Terra de Montes" (PDF). SEMATA, Ciencias Sociais e Humanidades 20: 267–278.