Concepción Pazo Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concepción Pazo Álvarez
Nacemento30 de novembro de 1907
Lugar de nacementoA Estrada
Falecemento5 de xullo de 1994
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra
CónxuxeCelestino López López
IrmánsEduardo Pazo Álvarez
editar datos en Wikidata ]

María de la Concepción Pazo Álvarez, nada na Estrada o 30 de novembro de 1907 e finada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1994, foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla da mestra Emilia Alvarez Silva e de Pelayo Pazo Alvarez. Estudou maxisterio e foi nomeada mestra interina de Carbia en xaneiro de 1935,[1] renunciando ao posto,[2] e despois de Coucieiro (Val do Dubra).[3] No franquismo foi agregada de inspección en Santiago de Compostela ata que en 1946 decidiu reunirse co seu home exiliado en México. Arribou a Cidade de México o 5 de xaneiro de 1947.[4] Traballou como mestra de primaria no Colegio Madrid. Logo da morte do seu home en 1963, retornou a Galicia en 1971. Reintegrouse ao maxisterio en 1973 sendo destinada a Forcarei e posteriormente foi mestra no Colexio Rosalía de Castro do Grove, onde se xubilou en 1977.[5] Finou en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1994.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Estrada con Celestino López López en 1935.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 17-1-1935, p. 11.
  2. El Noticiero Gallego, 25-1-1935, p. 2.
  3. El Correo Gallego, 21-7-1935, p. 1.
  4. Ficha en Departamento de Migración. Secretaría de Gobernación de México
  5. El Pueblo Gallego, 4-12-1977, p. 17.
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia6-7-1994, p. 76.
  7. El Pueblo Gallego, 11-9-1935, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]