Cegueira ortográfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cegueira ortográfica é un efecto producido durante a lectura, polo que non se le todo o que está escrito: este efecto é sempre ocasional e de percepción, xa que os de produción denomínanse erros na escrita ou mecanografía, mentres que os máis permanentes entran dentro do estudo dos trastornos da linguaxe.

O cerebro humano está constantemente recibindo estímulos e non se pode permitir absorber, adaptar e interpretar todos, polo cal debe facer unha selección. Esta selección tamén se dá no proceso automático de lectura e mesmo é a base para determinados sistemas de escritura. A cegueira correspóndese coa omisión involuntaria de estímulos, e non coa falla de atención ou a interferencia (coma o efecto Stroop). Por exemplo, no alfabeto árabe ou no hebreo, o normal é que non se insiran as vogais (agás en textos nos que haxa que ser especialmente coidadosos, coma o libro sagrado Corán). Unha extrapolación sería o seguinte parágrafo:

S vxs dnd Mdrd n bcclt, nn sqzs lvr cmst. Pr s vs t Pdrn, trs q crgr cn slln.

(No exemplo dado, a rima substitúe a ausencia de contexto, que case sempre existe na lectura). En relación con isto, un estudo dunha universidade dinamarquesa que revela a pouca influencia das incorreccións ortográficas para a comprensión:

O extudo grovocón uña enérqiha pratesto da Spndijato Dvnéz de Corractyres, qus crena pñligrcr i sue fante da trebeho. A poljemnca solverntuse cnn debetn telvevsjvo.

Estes tipo de escrita braquigráfica tamén pode fundarse no mecanismo que aparece nun coñecido texto que circula por Internet, baseándose no resultado do estudo dunha universidade británica. Trátase da importancia das letras iniciais e finais sobre as internas na palabra e o texto é o seguinte:

Sgeudno un edtsuo dhuna udnesviirdae isnlgea, non imotpra a odre na que as leatrs eatsn etaircss, a úicna cusoa imatrnopte é que a pimrirea e a última ltera easetn ecrsitas na piscóion crrcotea. O rsteo pdeon eastr tmttoalnee mal e andia asi perdoás lleo sen ploamrbes. Itso é pquore non lmeos cdaa ltera por si msema sónen que a pblaara é un tdoo. Peemrolsate pceraéme irilcnbe.

Esta característica cognitiva é a base para os métodos de lectura rápida. A súa aplicación por parte da mocidade tamén produciu unha ortografía específica alternativa: a das mensaxes sms por teléfono móbil, causado nunha combinación desta característica coa necesidade de abreviar (mesmo iconicamente) e restrinxir todo o contido a un determinado número máximo de caracteres.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]