Ce soir-là
«Ce soir-là» | ||
---|---|---|
Sinxelo de François Deguelt | ||
Lanzamento | 1960 | |
Formato | Disco de vinilo 7", EP | |
Gravada | 1960 | |
Xénero musical | ||
Lingua(s) | Francés | |
Duración | 3:37 | |
Discográfica | Columbia Records | |
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | Hubert Giraud (música) Pierre Dorsey (letra) | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Ce soir-là» (en galego: «Aquela noite») é unha canción composta por Hubert Giraud e interpretada en francés por François Deguelt.[1] Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Columbia Records.[2] Foi elixida para representar a Mónaco no Festival de Eurovisión de 1960 tras ser seleccionada internamente pola emisora monegasca Télé Monte-Carlo.[3][4]
Festival de Eurovisión 1960
[editar | editar a fonte]Ce soir-là | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1960 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Hubert Giraud (música) Pierre Dorsey (letra) |
Director | Raymond Lefèvre |
Resultados | |
Posto na Final | 3.º |
Puntos na Final | 15 |
Cronoloxía | |
◄ «Mon ami Pierrot» (1959) | |
«Allons, allons les enfants» (1961) ► |
Selección
[editar | editar a fonte]«Ce soir-là» foi seleccionada para representar a Mónaco no Festival de Eurovisión 1960 pola emisora monegasca Télé Monte-Carlo.[3][4]
No festival
[editar | editar a fonte]A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada polo cantante francés François Deguelt.[4] A orquestra foi dirixida por Raymond Lefèvre.[5]
Foi interpretada en oitavo lugar, seguindo a Austria con Harry Winter interpretando «Du hast mich so fasziniert» e precedendo a Suíza con Anita Traversi interpretando «Cielo e terra». Ao final das votacións, a canción recibiu 15 puntos, obtendo o terceiro posto de 13.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ce Soir La'". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2019.
- ↑ "François Deguelt – Ce Soir La". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Monaco 1960" [Mónaco 1960]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 UER (ed.). "François Deguelt - Monaco — London 1960" [François Deguelt - Mónaco — Londres 1960]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2019.
- ↑ "Raymond Lefèvre". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1960, Raymond Lefèvre. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2019.
- ↑ UER (ed.). "Final of London 1960" [Final de Londres 1960]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: «Mon ami Pierrot» Jacques Pills |
Mónaco no Festival de Eurovisión 1960 |
Sucesor: «Allons, allons les enfants» Colette Deréal |