Cayetano Martínez de Irujo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de abril de 1963 Madrid, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xinete, actor de cinema |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | deporte ecuestre |
| Disciplina deportiva | saltos (pt) |
| Participou en | |
| 1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
| Outro | |
| Título | Duque de Arjona (pt) Conde de Salvaterra |
| Familia | House of FitzJames (en) |
| Cónxuxe | Genoveva Casanova y González |
| Fillos | Luis Martinez de Irujo y Casonova, Amina Martinez de Irujo y Casonova |
| Pais | Luis Martínez de Irujo |
Cayetano Luis Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart, nado en Madrid o 4 de abril de 1963, IV Duque de Arjona e XIV Conde de Salvaterra, Grande de España, é un xinete español de equitación, na especialidade de saltos. É o quinto fillo de Cayetana Fitz-James Stuart, XVIII duquesa de Alba (1926-2014) e Luis Martínez de Irujo y Artázcoz (1919-1972).
Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 conseguindo un 4º posto en saltos por equipos. En 2006 proclamouse en Benahavís campión de España de saltos, con Kesberoy St. Aubert.[1] Desde 2012 e ata 2015, que foi destituído por unha moción de censura presentada por Antonio García-Plata (sucesor no cargo), presidiu a Asociación de Deportistas, en substitución de Emilio Sánchez Vicario.[2]
Tamén foi actor, interpretando ao Duque de Wellington na película Goya's Ghosts de Miloš Forman.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hípica.- Cayetano Martínez de Irujo proclámase campión de España de Salto de Obstáculos". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ Cayetano Martínez de Irujo sucede a Emilio Sánchez Vicario como presidente da Asociación de Deportistas, Europa Press, Deportes, 10 de setembro de 2012