Cayetano Aldrey Salvado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cayetano Aldrey Salvado
Nacemento3 de maio de 1851
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento11 de maio de 1922
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Cayetano Antonio Aldrey Salvado, nado en Lobio (Santiago de Compostela) o 3 de maio de 1851 e finado en Buenos Aires o 11 de maio de 1922[1], foi un mestre e filólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario compostelán no que fixo amizade con Bernardo Rodríguez Ribeira e do que saíu antes de ordenarse[2]. En 1874 emigrou á Arxentina e instalouse en Buenos Aires ata a súa morte. Dedicouse ao ensino privado e ao estudo de temas lingüísticos e filolóxicos. En 1896 propúxolle ao Goberno arxentino a elaboración dun texto oficial o solucionase o conflito da docencia e que servira de base para a aprendizaxe de cada materia. A súa proposta foi aceptada dous anos máis tarde mediante a apertura dun concurso para escoller os textos. Tamén se ocupou do estudo de cuestións filolóxicas do idioma galego, sobre as que polemizou con Julio Dávila e Bernardo Rodríguez. Colaborou en El Correo Español, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Integrouse na Xunta Protectora da Academia Galega na súa fundación (1906) e defendeu a creación dun idioma universal.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Artículos publicados en la prensa, corregidos y ampliados, del estudio de la lengua castellana por los Señores Baldmar F. Dobranich y R. Monner Sanz, 1894.
  • Ortografía fonética. Justificación de la usual española, 1896.
  • Correspondencia sobre cuestiones gramaticales, 1900.
  • Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral, 1907.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Eco de Galicia, 1110, 20-5-1922, p. 1.
  2. Biografía Bernardo Rodríguez Ribeira

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]