Saltar ao contido

Cayacoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCayacoa
Biografía
Nacementoséculo XV Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciacacicado de Higüey Editar o valor em Wikidata
Actividade
Período de actividade1492 Editar o valor em Wikidata -

Cayacoa foi o gran xefe e cacique taíno do cacicado de Higüey na Española.[1] A única referencia sobre a súa existencia é a do cronista Gonzalo Fernández de Oviedo. Segundo el, dominaba a parte oriental a illa no momento da chegada de Cristovo Colón en 1492, e despois de Caonabo, Cayacoa era un dos caciques máis poderosos da illa e posuía unha lexión de homes baixo o seu mando.[2] Porén, Bartolomé de las Casas di que o cacique de Higüey era Higuanamá.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo Oviedo Cayacoa morreu axiña logo do contacto cos casteláns, e despois da súa morte, a súa muller, converteuse ao cristianismo e foi bautizada como Inés de Cayacoa (outras fontes citan que foi bautizada co nome de Catalina) casou co español Miguel Díaz de Aux (Aus) mediante o rito católico. Tiveron dous fillos: Miguelico e unha filla cuxo nome non aparece. Miguelico naceu na Española arredor de 1496.

Miguel Díaz de Aux morreu en 1515 e deixou testamento notariado en Sevilla en 1504. A través deste instrumento legou 200.000 marabedís ao seu fillo Miguelico, duplicando esta cantidade se optaba por seguir un oficio sacerdotal. Contan que Miguelico optou por seguir os pasos do seu pai, participando con Hernán Cortés na conquista de Nova España.

Hai unha historia que ten que ver coas minas de ouro de Hayna. Cóntase que Miguel Díaz cría matar a un home nunha liorta e fuxiu ata chegar á beira do río Ozama en Higüey, onde coñeceu á viúva do cacique Cayacoa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Floyd, Troy (1973). The Columbus Dynasty in the Caribbean, 1492-1526. Albuquerque: University of New Mexico Press. pp. 29, 34. 
  2. 2,0 2,1 dbe.rah.es (ed.). "Biografía de Cayacoa. Cacicazgo de Higüey (República Dominicana), s. m. s. xv – f. s. xv. Cacique de Higüey.". Consultado o 28 de maio de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Colón, Cristovo, Relaciones de viajes
  • Colón, Hernando, Historia del Almirante
  • Vega i Pagán, Ernesto (1993). Presidencia da República de Venezuela, ed. El Almirante: la extraordinaria saga de Cristóbal Colón (en castelán) (ilustrada ed.). p. 564. ISBN 9789800107362.