Catedral de Santa María la Real de Pamplona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°49′11″N 1°38′27″O / 42.81972, -1.64083

Catedral de Pamplona

A Catedral de Santa María la Real, situada na cidade de Pamplona (Comunidade Foral de Navarra), sede da arquidiocese de Pamplona e Tudela, é un conxunto arquitectónico eclesiástico único, por tratarse do complexo catedralicio máis completo que se conserva en España.

Características[editar | editar a fonte]

Presenta as edificacións habituais noutras catedrais como igrexa, claustro e sancristías, pero ademais conserva a bodega, refectorio, sala capitular e dormitorio, que son máis propias da vida común á que estaba suxeito o seu cabido e que ao longo dos séculos se foron derrubando noutras catedrais españolas.[1] As estanzas que o configuran foron construídas en distintas épocas e estilos, conservándose hoxe en día algunhas das dependencias románicas, ao predominando sobre todo as edificadas en estilo gótico (entre elas a igrexa e o claustro) dos séculos XIV ao XVI. A fachada oeste, de estilo neoclásico, levantouse a finais do século XVIII.[2]

Destacan neste conxunto de edificios; o claustro, que está considerado unha marabilla da arte gótica europea e dende logo o mellor claustro do século XIV; a cociña, que é un dos tres únicos exemplos sobreviventes de cociña gótica de toda Europa; e por último a fachada principal, unha das obras máis puras e representativas do neoclasicismo na península.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Catedral de Pamplona". Importancia relevante do conxunto (en español). Consultado o 6 de abril de 2011. 
  2. VV. AA. (1990). Gran enciclopedia navarra. Caja de Ahorros de Navarra. p. 472. ISBN 84-87120-10-5. 
  3. "Gran Enciclopedia Navarra". Ventura Rodríguez (en español). Consultado o 24 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]