Castro de Toiriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°41′47″N 8°15′10″O / 42.696388888889, -8.2527777777778

Castro de Toiriz
ParroquiaSilleda
ConcelloSilleda
ProvinciaPontevedra
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA36052042
Cronoloxía
Data da descuberta?
Estado actualnon escavado
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Toiriz, tamén coñecida como Eira dos Mouros, é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro, situado preto da aldea de Toiriz, na parroquia e concello de Silleda.

Descrición[editar | editar a fonte]

Este poboado castrexo, situado ás aforas do núcleo urbano de Silleda, non foi aínda escavado, pero dada a súa localización e os restos atopados nel, pénsase que este recinto foi levantado arredor do século IV a.C.. O castro está formado por dous recintos amurallados, un deles de forma circular situado na parte superior do outeiro, a chamada Eira dos Mouros e o outro discorre nun plano inferior apegado ao antes citado pola parte sur e leste. Pola parte exterior deste último recinto aparece un sistema defensivo composto de foso e parapeto.

Ademais, os Castros de Toiriz son protagonistas de numerosas lendas populares que lle dan un certo carácter místico. Por todo o recinto atópanse diversos paneis informativos, explicando algunha das súas características, así como imaxes do paisaxe que se observa. A restauración foi levada adiante grazas ao Colectivo pola Recuperación de Os Catros de Toiriz no ano 2010.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]